María Bouzo, secretaria da xunta local do PP trala marcha de Jacobo Gómez Orellana

Un momento da reunión da xunta local dos populares. (Foto: Miguel Ángel )
A xunta local do PP de Ourense acordou onte designar a María Bouzo como nova secretaria, substituíndo nese posto a Jacobo Gómez Orellana, que renunciou por decisión persoal. Ata entón, Bouzo era secretaria do distrito centro.
A xunta local comezou, asemade, a preparar ao partido diante das vindeiras municipais.

O presidente do PP de Ourense, Enrique Nóvoa, sinalou que pese aos dous anos que restan para as eleccións ‘resulta moi importante ter todos os deberes feitos para cando chegue a campaña, porque o noso obxectivo é que se produza o mesmo cambio que o PP conseguiu na Xunta’.

Ao criterio de Nóvoa,’o cambio é posible’ dado que ‘os cidadáns perciben que o goberno bipartito non sintoniza cos veciños. As poucas obras que fai provocanque haxa afectados, non satisfaccións’.

Te puede interesar