“Mergúllate en Silbina” remata a promoción comarcal

Vista panorámica que se le ofrece al visitante desde el mirador de Galeana en Cristosende, A Teixeira.
photo_camera Vista panorámica que se le ofrece al visitante desde el mirador de Galeana en Cristosende, A Teixeira.
"Mergúllate en Silbina" celebra unha degustación no Museo do Viño de Teixeira co apoio do grupo de Desenvolvemento Rual 

O proxecto que botaba andar baixo a man do Grupo de Desenvolvemento Rual  (GDR) Sil Bibei Navea, chegou a seu fin esta fin de semana. “Mergúllate en Silbina” celebrouse esta fin de semana no concello da Teixeira, cun aforo completo, ao igual que desde o seu primeiro roteiro no mes de agosto, desde o cal, levan percorrendo os concellos deste GDR cada fin de semana guiados por Surbia Natura.

Trala recepción pola concelleira de cultura, daba comezo un roteiro de 12 kilómetros e de dificultade media, que mostrou á trintena de asistentes os paraxes máis fermosos deste concello da Ribeira Sacra e o obradoiro de mermeladas Sazón e varias adegas do municipio, ademáis de interpretar o viñedo e a biodiversidade da contorna.

A degustación levouse a cabo no Museo do Viño da localidade da Teixeira, e nela non faltaron viños do concello como Sollío e Século, ademáis doutros da Ribeira Sacra como Peza do Rei, Adega Vella, Sabaínzas ou Alba Ponce. Os participantes degustaron embutidos e carnes da Carnicería Pepe de Caldelas, que merca a produtores da zona, así como queixos de cabra Touza Vella, mel da zona ou setas shiitakes producidas en Trives. E para terminar, Bicas Malena, con noces e castañas. Xa pola tarde, os visitantes coñeceron as adegas Sollío e Xosé Vázquez, gozando dunha boa cata de viños.

Desde a organización destacaron a excepcional colaboración do Concello de A Teixeira na xornada.

Te puede interesar