Mugares estrea o Centro de Interpretación do seu Entroido

photo_camera  
Baltar destacou que este centro “situará no mapa a tradición das señoritas e dos lavardeiros”

Os lavardeiros e as señoritas de Mugares (Toén) xa teñen un Centro de Interpretación para poñer en valor as súas figuras como unha das tradicións máis importantes do Entroido da súa zona. Esta obra, que custou 37.500 euros, recupera tamén un espazo para os veciños da parroquia de Mugares como o antigo local social. Á inauguración asistiron o alcalde de Toén, Ricardo González; a concelleira de Cultura, Rosa Feijóo; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Agarimo, Ángela Iglesias; o anterior rexedor de Toén, Amancio Cid; e veciños da localidade.

Rosa Feijóo deu inicio ao acto de inauguración recordando que esto é “un paso moi importante para recuperar o noso Entroido”. La concelleira hizo un repaso cronológico de esta tradición: “Antes os nenos non sabían o que eran as señoritas e os lavardeiros e agora desfilan orgullosos cos seus traxes o martes da festa”. Agradeció también a los vecinos de la parroquia, que “buscan documentos sobre os nosos costumes e fan os seus propios traxes para que todo o mundo coñeza Mugares”.

Pola súa parte, o rexedor de Toén expuxo que “é unha honra poder devolver aos veciños este local social, que hai tan só dous anos non tiña nin ventás e agora serve para valorizar o noso patrimonio cultural”. González indicou que, ademais de servir como centro de interpretación, as instalacións contan cunha cociña e un espazo diáfano para que poidan celebrarse algúns eventos no seu interior. “Esta é a insignia dun Entroido centenario, pequeno, amable, rural e de proximidade, como a nós nos gusta”, presumiu o alcalde.

Poñer Toén no mapa

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou, tralo descubrimento dunha placa conmemorativa, que se estaba a tratar “unha das cuestións máis senlleiras da nosa identidade, o Entroido” e que, grazas á colaboración do ente provincial, “contribuirá a situar no mapa de Galicia á tradición das señoritas e lavardeiros”. Baltar subliñou que “non hai ningunha provincia, ningún territorio, nin sequera en Europa, que teña tanta forza histórica, costume, calidade, xentes e pequenos concellos nos que se celebre esta tradición”.

Para rematar o evento, o Concello de Toén, en mans do seu alcalde e concelleira, entregou unha placa de agradecemento tanto a Manuel Baltar como a Ángela Iglesias polo seu traballo para a supervivencia desta tradición da parroquia de Toén.

Te puede interesar