BNG

Noa Presas: "Urxe subir as pensións ata un mínimo de 900 euros”

NOAcELA1_result
photo_camera Noa Presas e Paco García, na feira de Allariz.

“Celanova é unha comarca que reflicte os problemas de avellentamento que sofre toda a provincia”, sinalou a número un da candidatura ao Congreso do BNG

“Celanova é unha comarca que reflicte os problemas de avellentamento que sofre toda a provincia”, sinalou Noa Presas, número un da candidatura ao Congreso do BNG por Ourense. Presas explicou que o BNG considera unha prioridade: “Urxe mellorar as pensións que cobran as xubiladas e xubilados en Ourense, que son máis baixas do Estado”. “Nós reclamaremos en Madrid que o superávit da Seguridade Social se aplique a unha subida das pensións, de todas as pensión, até un mínimo igual ao SMI, que deberá elevarse até os 900 euros nos tres primeiros anos da próxima lexislatura”.

A cabeza de lisa por Ourense estivo en Celanova para participar nun reparto do programa electoral do BNG pola feira do xoves na vila. Acompañárona Francisco García, alcalde de Allariz e número catro da candidatura, e militantes da fronte na comarca. “Non é posible que Ourense teña futuro sen un medio rural vivo”, dixo García, “e para iso é necesario mellorar as rendas que obteñen os produtores e que haxa unha voz galega que defenda tamén os intereses destes sectores e das vilas en Madrid”

Te puede interesar