Unha noite musical na antesala da festa galega

O Claustro de San Francisco revitalizou onte a súa maxia especial nunha noite na que a música e a poesía decidiron ir xuntas da man. Foi o preámbulo da festa das Letras Galegas que se festexa hoxe en toda Galicia. Nun acto organizado pola asociación Procentenario Nós 2020 e co patrocinio do Concello, os ourensáns disfrutaron de dous concertos especiais: o primeiro coas voces é a sonoridade de "2Nafronteira" e o seu traballo "Uns zapatiños para Díaz Castro" e o segundo con Terra Morena "Tocando a ZecaAfonso". Entre os dous, un ambigú das letras, con comida e bebida. Noite poética.

Te puede interesar