Varela, Vázquez e Baltar defenderon a riqueza da pluralidade lingüística na inauguración da exposición

A nova mostra do Centro Cultural ofrece 500 metros cuadrados de posta en valor do galego

A exposición itinerante da Xunta ‘As nosas palabras, os nosos mundos’ chegou onte ó Centro Cultural da Deputación, onde pecha o seu percorrido por diversas cidades do mundo. A mostra oferta 500 metros cadrados de posta en valor do galego. Os conselleiros de Cultura e Educación inauguraron a mostra.
Unha exposición sobre a lingua galega na diversidade lingüística existente. Esa é en síntese o fondo da mostra itinerante da Secretaría Xeral de Política Lingüística que onte se inaugurou no Centro Cultural da Deputación, onde permanecerá ata o día 19 deste mes. ‘As nosas palabras, os nosos mundos’ oferta un espazo expositivo de 500 metros cuadrados onde o visitante pode achegarse ó galego e á realidade plurilingüe actual dunha forma activa e sensitiva. Ven envolta nun dobre obxectivo: promover o valor da lingua propia e contribuir ó plurilingüismo como garantía dunha convivencia global harmónica, segundo explicaron as autoridades.

No acto inaugural, Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, fixo fincapé en que a mostra ‘presenta a lingua como palabras para falar e como ferramenta para crear lazos de comunicación’ e tanto o presidente da Deputación, José Luis Baltar, como o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, incidieron en que a fala non é propiedade de ningún partido político, senón dos falantes. Neste senso, Baltar apelou ó ‘consenso’ na defensa do galego e rexeitou imposicións ou apropiacións partidarias de calquera tipo.

Defensa do plurilingüismo

Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, abogou por ‘non virar as costas ó plurilingüismo’ e definiu a exposición como ‘unha mostra sobre a vitalidade actual da lingua galega e a diversidade lingüística’.

A mostra pecha a súa itinerancia en Ourense e non é casualidade. ‘Ourense foi berce de personalidades históricas que contribuiron a difundir o idioma galego’, dixo Vázquez.





Te puede interesar