Os obradoiros de Laza e Monterrei pechan curso

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, clausuraron o obradoiro de emprego 'Monterrei-Patrimonio Rural II', do concello de Monterrei, dotado con 548.402,40 euros ó desenvolvemento deste obradoiro de emprego no que se empregaron un total de 26 alumnos do concello citado, 15 mulleres e 13 homes, nas especialidades de albanelería (nove alumnos), cantería (nove alumnos) e restauración (oito alumnos).
Os obxectos de actuación foron, entre outros, o local social da Salgueira; o peche da área recreativa de Sandín; o revestimento do muro en Flariz; a rehabilitación da planta superior, da antiga escola do pobo de San Cristovo de Medeiros ou o entorno da Capela de San Sebastián.

Rogelio Martínez clausurou tamén o obradoiro 'Cualedro III', no concello de Laza, que contou cun total de 26 alumnos o longo do último ano.

Te puede interesar