RECOÑECEMENTO

Tres ourensáns logran un premio extraordinario da ESO polo seu rendemento acádemico

Un alumno do CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, outro do IES Ramón Otero Pedrayo e un do IES Blanco Amor acadaron este recoñecemento por sacar máis dun nove en todas as materias. 

Tres alumnos ourensáns están dentro dos 20 galegos aos que Educación lles entregou un premio extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria. Se trata dun recoñecemento ao rendemento académico acadado por estes xoves durante o curso 2015/16 e que lograron en todas as materias máis dun 9. 

Os tres ourensáns que lograron este recoñecemento son Óscar Fernández, do CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús; Brais Gerpe, do IES Ramón Otero Pedrayo; e Óscar Ocampo, do IES Blanco Amor. Os tres recibirán un premio dotado cunha contía de 750 euros e unha anotación de distinción no seu expediente acádemico. Ademáis, a partir de agora teñen a posibilidade de concorrer aos premios nacionais da ESO. 

Te puede interesar