Un manifesto lembra a importancia histórica dos intelectuais que alumbraron en Ourense a publicación, un merecido homenaxe ó que se suman as principais fundacións culturais galegas

Ourense honra á Revista Nós no seu noventa aniversario

Ourense homenaxea hoxe á Xeración Nós, o grupo de ilustres galegos, ourensás na súa maioría, que en 1920 alumbraron unha publicación identitaria coa terra galega e co idioma das súas xentes, cunha batería de actos que se desenvolverán pola mañá no Concello de Ourense e no Centro Cultural da Deputación, culminando cunha sesión extraordinaria da Real Academia Galega.
Pero as adhesións a conmemoración non veñen só do Comité organizador dos actos ou do PP de Ourense. As fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Penzol e Isla Couto fixeron un manifesto conxunto no que lembran á revista como 'un dos grandes fachos de referencia da nosa cultura contemporánea e da nosa modernidade, unha ambiciosa plataforma intelectual e patriótica'; en definitiva, din, foi 'unha idea feliz que naceu en Ourense pero que foi quen de integrar a Galicia toda'.

Te puede interesar