Ourense rexistra catro incendios que apenas calcinan dúas hectáreas de terreo

Mentres a Consellería de Medio Rural agarda que a entrada dunha fronte activa, que traia a choiva que poña o punto final á campaña de incendios forestais deste verán, a provincia de Ourense foi escenario onte de catro focos que entre todos non chegaron a calcinar máis de dúas hectáreas de terreo, entre monte raso e masa arbórea.
Na parroquia de Piboeiros, no concello de Castro Caldelas, un lume que comezou ás 16.40 horas e rematou ás 17.45, calcinou unha hectárea entre arbolado e raso. Nas manobras para sofocalo tomaron partido un axente forestal, catro cadrillas, dúas motobombas e dous helicópteros de extinción.

Á mesma hora, no municipio de A Rúa, o fogo afectaba a 0,2 hectáreas, despois que axudaran a extinguilo un axente, unha brigada e unha motobomba. No concello de Muíños, na parroquia de Requiás, arderon 0,05 hectáreas, entre as 17.50 e as 18.20 horas. Menos terros aínda foi o que o lume queimou en San Miguel de Vidueira, municipio de Manzaneda: 0,01 hectáreas, sofocadas cunha motobomba.


Te puede interesar