Outono Fotográfico

Rosell Meseguer en unha película de Pel XV.
A zooloxía é unha ciencia cuxa posta en escena nos museos resulta fascinante. A inquietude manifesta de cada unha das pezas exhibidas é o máis parecido a un auto de fe que poucos de nós argumentan autoridade para contestar.
A fantasía agrupada entorno a un bestiario representado xunto con animais disecados, fotografías, debuxos de campo, fichas técnicas, instrumentais de laboratorio apelan a unha verdade que case ninguén se atreve a cuestionar porque se presupón a rigorosidade das institucións que albergan eses contidos. Fai uns anos un arqueólogo vasco, Eliseo Gil, deu a badalada. No xacemento alavés de Iruña-Veleia que el dirixía, atopáronse entre outros obxectos, a primeira representación de Cristo na cruz .O creador fora el mesmo.

Rosell Meseguer en unha película de Pel XV. Galería M. Marimón, até o 12 de xaneiro.

Te puede interesar