Outono Fotográfico

“Nai” de Lyle Owerlo.
Hai un tipo de imaxes que de directas que son nos explotan nas mans. Son imaxes detestábeis que inciden no sufrimento colectivo, ben a través das guerras, catástrofes, ou similares.
Son imaxes sen corazón, crúas, feitas por persoas aguerridas de escaso apego á vida, curtidas entre miserias alleas e xente sen escrúpulos. Moitas destas fotografías espertan en nós espíritos lascivos e un tanto mórbidos, aferrándose aos instintos máis primarios que tantas veces exhibimos. Nembargantes ampáranse no dereito fundamental de informar e xogan co ánimo de solucionar situacións inherentes ao ser humano. A neniña da imaxe foi intervida con éxito gracias á potencia da imaxe.

“Nai” de Lyle Owerlo. Premio Internacional de fotografía humanitaria Luis Valtueña. No Local Social do Centro Multiúsos de Aspanas en Ourense.

Te puede interesar