Fragmentaremos a vida que non a esperanza. A esperanza, como a espera, móstrasenos confusa, a regañadentes, porque é futuro.
O gran reto non é fotografar o presente que será xa pasado, léase memoria, o gran reto é fotografar cara adiante, cara o futuro, e deixar espidos de paso aos miserábeis, e non aos que sofren as consecuencias.Outumuro atopou un tempo, tempo de ficcións veludas nun escenario memorioso e grandilocuente, porque o tempo é sobre todo unha cuestión subxectiva. O que hoxe son fermosuras en papel impreso tamén serán, como todo, espectros atormentados circulando entre os dedos incansábeis, en poses que non lles corresponden, ou si, quen sabe.