ENTREVISTA/ VIDA

Pablo Vázquez, grandiosidad artística en elementos sencillos

09.01.16.CELANOVA PORTADA E VENIA A PABLO VAZQUEZ ESCULTOR E PINTOR.
photo_camera Pablo Vázquez García.

Logroño e Ourense foron as primeiras cidades nas que residiu o artista multidisciplinar ata chegar a Celanova

Logroño e Ourense foron as primeiras cidades nas que residiu o artista multidisciplinar Pablo Vázquez ata chegar a Celanova, vila da que se sente veciño gracias tamén as súas raíces por parte paterna. Na actualidade reside en Ponte de Lima, Portugal, pero non necesita excusas para achegarse a vila de San Rosendo.

Tanto é así que, recentemente, a Sala de Arcos do Mosteiro de San Salvador acolleu a súa mostra “Mo96” composta por orixinais láminas, azulexos de terracota e bonecas que co seu deseño representan e identifican a un artista que fai o que lle gusta, con total liberdade e coa sorte de que, como el mesmo di “tamén lle gusta á xente”. Agora xa está a traballar no seu próximo proxecto: esculturas de cerámica vidrada de Curros Enríquez e San Rosendo.

Cales foron os seus comenzos como artista?
De cativo observaba como meu pai traballaba a madeira e foi eí, véndoo a el, cando comencei a dar os meus primeiros pasos tallando. Pero el facíao moi ben, esculpía moito mellor ca min e cheguei a agobiarme por elo, así que decidín cambiarme á pintura. Pintei moito en servilletas, onde aínda agora me sinto moi cómodo debuxando, e, dun modo máis “profesional”, en láminas. Así, ata que no ano 1996 puiden facer a miña primeira exposición no IES de Celanova composta de láminas na que se representaban caras, moitas caras, de feito, unha cara podía estar feita por 50 caras diferentes, e con moita cor.

Que materiais e técnicas emprega nas súas creacións?
Gústame empregar materiais que están a man, de feito, como xa comentei, gustame pintar en servilletas, das que soen estar en bares e restaurantes. Esto ten a súa explicación, xa que houbo unha época que traballei como comercial e nas miñas viaxes a axenda era imprescindible e, durante os meus tempos mortos, adicabame a debuxar nela tapando en moitas ocasións cousas importantes… así que tirei do que máis a man tiña: as servilletas. Á hora de debuxar, teño predilección por empregar unha simple culler e café. Tamén o viño, pintalabios ou outros materiais que atopo na natureza ou na casa, sírvenme de base para as miñas creacións. Como anécdota, lembro que nunha ocasión que perdín o autobús por estar a debuxar nun deles, a miña creación serviu para que un particular, que viu como debuxaba me achegase ao meu destino a cambio da pintura.

Pero non todo é pintura, tras ela chegou a cerámica e o arame…
Efectivamente. Nunha necesidade de evolucionar, de buscar algo máis, dei comenzo a traballar con arame e papel para facer esculturas creando dúas coleccións: unha de árbores queimadas e outra de bonecas no bosque, bonecas con brazos esaxerademente longos, que tiveron moi boa acollida. En cerámica traballo con azulexos de terracota nos que represento caras de trazo único, un só rostro e con predominio da cor negra. Tamén modelo con barro sobre unha base de vide, nunha mestura do que herdei do meu pai cando tallaba madeira e a miña propia aportación ao cubrila con barro.

Entre todos estas técnicas, hai alguna na que se sente máis cómodo?
A verdade é que non me costa ninguna. O que me costa é ter que seguir pautas marcadas. Eu o que faga tenme que saír de dentro, ten que xurdir con liberdade, sen nada que coaccione. A partires de aquí, eu prefiro as láminas, de deseño rápido e único trazado e si que recoñezo que a cerámica é máis complexa de traballar polos procesos de cocción, pero non é complicada, máis ben laboriosa.

A evolución dun artista é inevitable, cal ten sido a súa dende os seus comenzos?
Eu camiño cara a perfección, querer buscar novos materias sobre e cos que traballar. Citando algún detalles concretos que son tanxibles, citar, por exemplo, as miñas primeiras bonecas de arame levaban cabeza e brazos moi longos, agora, non teñen cabeza e mans longas e a algúns dos meus debuxos con café lle aporto cor para que sexan máis vistosos. E xa pensando no futuro, quero aprender máis de deseño para poder aplícalo ás miñas creación. Penso que sería moi interesante e positivo ao que lle podería sacar moito partido.

Na actualidade está inmerso nun novo proxecto moi ligado a Celanova, cóntenos…
Estou a traballar na realización de figuras en cerámica vidrada a alta temperatura de Curros Enríquez e San Rosendo que se poidan identificar coa vila. Trátase tamén dunha continuación dun traballo que comencei xa en Portugal coa realización de varias obras de recoñecidos personaxes de alí. Tamén teño que engadir que estou a seguir cunha serie de cadros de grande formato de pintura sobre madeira na que a o debuxo son fotos miñas subidas a Instagram e nas que o marco é o propio marco da rede social. Tiña creados sete cadros que tiveron moi boa acollida, así que seguirei…

E antes de rematar, e xa como curiosidade… todo xira ao redor do número 96?
(Risas) A verdade é que é un número que ten moita importancia na miña vida. A miña primeira exposición foi no 96, a mostra que fixen en Celanova, Mo96, recolle parte do traballo de 96 días (hai moitas máis), no día 96 de estar traballando nesa exposición, fixen unha exposición rápida de catro horas en Portugal que tivo moi boa acollida… e de seguro o 96 seguirá marcando a miña vida e a miña obra. 

Te puede interesar