PROMOCIÓN TURÍSTICA

Parada de Sil, nun xornal online de Estados Unidos

A información, que inclue tamén un video en Vimeo cunhos minutos do concerto de Gripper e Tcheka, subliña a beleza de Parada de Sil e, nomeadamente, do mosteiro de Santa Cristina

O suplemento cultural e artístico “Arts Journal” do Huffington Post, o xornal online mais importante de Estados Unidos, publicou unha reportaxe sobre o concerto ofrecido polo guitarrista Derek Gripper no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil o pasado 23 de outubro. Era a segunda actuación do xenial guitarrista sudafricano no mosteiro, que nesa ocasión estivo acompañado polo caboverdiano Tcheka.

A información está firmada pola crítica musical Michal Shapiro, quen se desplazou desde Santiago cunha reducida expedición constituida por participantes na última edición do Woomex que tivo lugar no outono pasado. A información, que inclue tamén un video en Vimeo cunhos minutos do concerto de Gripper e Tcheka, subliña a beleza de Parada de Sil e, nomeadamente, do mosteiro de Santa Cristina. 

Resalta tamén a calidade artística e a sensibilidad e do guitarrista sudafricano, que acadou unha atmósfera especial durante a sua actuación. Shapiro xa amosara a agradable sorpresa que lle produciu coñecer a Ribeira Sacra e o entorno do mosteiro.

Te puede interesar