Policía Nacional e Garda Civil abordan o acoso nos colexios

A Comisión Provincial de Seguimento do Plan Director para a mellora da convivencia nos centros educativos e nas súas contornas avaliou onte o desenvolvemento do mesmo durante este curso escolar. O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, destacou que, pese ás dificultades derivadas da pandemia, é moi importante que as forzas e corpos de seguridade do Estado poidan continuar coa actividade do plan, que é moi valorado pola comunidade educativa, como demostra a demanda por parte dos centros educativos.

O obxectivo é fortalecer a cooperación policial coas autoridades educativas para mellorar a convivencia e a seguridade no ámbito escolar. González Afonso puxo de manifesto que “debido ás limitacións derivadas da crise sanitaria, este curso escolar predominou a metodoloxía das sesións en formato online. Non obstante, leváronse a cabo formacións e actuacións presenciais nos centros educativos que así o demandaron, unha vez valorada a súa pertinencia e adoptando os protocolos de prevención da COVID-19 vixentes”.

Resaltou o compromiso da forzas e corpos de seguridade do Estado co desenvolvemento do Plan Director na provincia de Ourense. “Non só son importantes as labores de vixilancia que realizan as forzas e corpos de seguridade nas contornas dos centros educativos, senón tamén as tarefas de prevención e formación que levan a cabo co alumnado e coas familias en temas como o acoso escolar, a violencia de xénero, os riscos das novas tecnoloxías e as redes sociais ou o consumo e tráfico de estupefacientes”, indicou. 

Te puede interesar