O potentado senador que non puido tomar posesión polo secuestro de Álvarez Romero

Nacido no lugar de Padroso, en La Rioja, en 1769, por algunha razón recalou en Ourense, onde non só acabou facendo fortuna, senón que logrou ser elixido Senador en 1842

Se por algo é coñecido en Ourense o terceiro personaxe desta historia, Santiago Sáenz, isto é porque gracias á súa tenacidade por se facer cun nome na cidade das Burgas, hoxe a capital goza de dous dos seus edificios máis simbólicos: O Pazo Provincial e o Teatro Principal.

Romero según

Romero según "La Ilustración".

O primeiro porque nel fundou Saénz unha cortaduría, mentres que o segundo -tal como indica Rivas Villanueva- porque ó non permitirlle entrar no teatro público, "esa prohibición invitouno a construír un teatro no que el e a súa familiaterían sempre un palco libre onde puidesen deixar constancia do seu poderío económico".

Pero Santiago Sáenz foi tamén o adquisidor da finca do Cercado do Mosteiro de Celanova, trala Desamortización, lugar co que tivo unha intensa relación e razón pola que, malicio, acabou sendo presa do mentado bandoleiro.

Nacido no lugar de Padroso, en La Rioja, en 1769, por algunha razón recalou en Ourense, onde non só acabou facendo fortuna, senón que logrou ser elixido Senador en 1842, á serodia idade de 73 anos.

Resulta curioso sinalar que unha vez elixido representante da Cámara Alta con 6.579 votos, pide excusas por non poder ir tomar posesión "manifestando que su avanzada edad y conocidas dolencias le han impedido emprendeer su viaje a esta capital a cumplir con el deber que le impone su nombramiento de Senador, dificultando en la actualidad su venida, además de las causas expuestas, el mal estado de los caminos (era xaneiro) por efecto de la estación".
Ora ben, se lle facemos caso ó xornal "La Ilustración" cando escribe: "En 1842 retuvo misteriosamente al Sr. Sáenz, de Orense, hasta que entregó para su rescate 32.500 duros", quen di que o o vello comerciante non tivese outras razóns máis rexas cás da súa avanzada idade e o mal estado dos camiños, que lle impediran estar en Madrid no momento preciso...

O caso é que, na etapa final da vida dun e en plena xuventude do curto periplo vital do outro, malia que Otero Pedrayo non se faga eco diso nas súas notas sobre Álvarez Romero, servan estas liñas finais de "La Ilustración" para tomar conta da súa singular personalidade:

"Se dice que al Sr. Sáenz, de Orense, le dejó en compensación por el rescate pedido por su persona, una quinta que tenía en Portugal, y que al juez de Celanova le dijo que si quería tomar 800 reales que tenía en la Coruña a cuenta de la exacción que le había impuesto el año pasado" le autorizaba para ello. E todo isto, di Otero, "dun home rexo e destemido que da Cruña a Celanova foi levado en litera, encadeado e uxeto con cordas as que turraban soldados. Houbo mil contos sobre aquil axustizamento. Na Praza, á noite, ó se valeirar de xente debeu pousar un silenzo dises que se esgazan cun berro..." 

Te puede interesar