O PP desexa mellorar o seu contacto co cidadán

A Casa da Cultura do Carballiño acolleu na tarde de onte a inauguración da escola de verán 'Miguel Ángel Blanco', promovida polo PP de Ourense e centrada na participación política. Perto dun cento de cargos e militantes acudiron á cita, na que o presidente comarcal dos 'populares', Argimiro Marnotes, invitounos a 'escoitar e apuntar esas cousas que, como me pasou a min, servirán para encarar o voso futuro'.
O responsable de Formación do PP ourensán, César Blanco, suliñou que 'este é un espazo de libertade no que se xenerará debate nun ambiente de compromiso e entendemento'.

O secretario provincial, Rosendo Fernández, apuntou que 'temos que fomentar a participación política dos cidadáns, e para elo temos que buscar unha meirande proximidade á sociedad ourensán'. A iste acto da escola asisitiron o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez; o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e o titular da Deputación, José Luis Baltar, ademais de deputados, alcaldes e concelleiros.

Te puede interesar