O PP reclama celeridade na conexión da A-52 co Polígono

O Partido Popular de Galicia instou á Xunta de Galicia a tramitar 'coa maior celeridade posible' a elaboración do estudio informativo e a licitación da redacción de proxecto construtivo dunha vía de enlace para o polígono de San Cibrao das Viñas, dende a estrada N-525, ata a autovía das Rías Baixas (A-52.)
Así demandárono os populares galegos nunha iniciativa rexistrada na Cámara galega 'co obxectivo de conseguir o máximo consenso sobre o tazado' e na que tamén valorou 'o esforzo' do Goberno 'no deseño dun plan viario que sirva de instrumento de planificación para mellorar a mobilidade na área metropolitana de Ourense'.

Precisamente, o voceiro de Infraestruturas do grupo parlamentario popular, Alejandro Gómez Alonso, di que trátase dun vial prioritario que permitirá enlazar a Cidade do Transporte e repercutirá 'moi positivamente' tanto nas empresas da zona como no conxunto da cidadanía do ámbito urbano.

Por iso, o PPdeG considerado que 'é o momento máis axeitado' para retomar esta cuestión, 'unha vez que o plan sectorial viario para toda a área urbana da capital ourensana se atopa moi avanzado e a punto de rematar o período de información pública'.

Gómez Alonso recordou a 'clara vontade' mostrada pola Xunta na pasada lexislatura 'poñendo en marcha un proceso de información pública que, á vista das numerosas alegacións recibidas polo seu impacto, rematou por abandonarse á espera de conseguir a súa axeitada incardinación nun plan sectorial viario para todo a área'.

Te puede interesar