JAIME CABEZA PEREIRO. CANDIDATO A REITOR POLO GRUPO “NOVA UNIVERSIDADE'

“Precisamos dun cambio despois de doce anos na autocomplacencia'

O candidato a reitor de Nova Universidade, Jaime Cabeza. (Foto: Landín)
Es el candidato del grupo Nova Universidade y apuesta por la Ventanilla Única de Administración, como principal reto, aunque no olvida las necesidades del campus ourensano.
1) En que se fundamenta o seu programa de goberno de cara ás vindeiras eleccións á Universidade de Vigo?

En dous eixos básicos. O primeiro, defender a Universidade das persoas e do capital humán por enriba de todo. Non podemos concebir un progreso científico ou tecnolóxico que non pase antes polo respeto aos dereitos dos nosos traballadores, que se viron moi lesionados durante os últimos anos. En segundo lugar, compre darlle un pulo importante ás relacións institucionais, pois perdemos peso específico a nivel autonómico, estatal e internacional. Precisamos dun cambio, dunha auténtica nova alternativa, despois de 12 anos nos que vivimos instalados na autocomplacencia.

2) Que le parecen as políticas orzamentarias da Universidade?

Reflicten as preferencias do actual goberno polo cemento, polas asesorías externas e pola externalización de servizos. A prioridade de gasto ten que ir encamiñada a políticas para as persoas . Hai moito que traballar en captación de fondos, pero iso precisa dunha política institucional seria. O tema do equipo xerencial é o máis evidente pero hai, en xeral, excesivo gasto suntuario. Nós reduciremos entre un 40 e un 50 por cento os gastos en altos cargos, para empregalos onde se necesita. E no caso do Campus de Ourense, se vemos o detalle dos orzamentos da Universidade, observaremos que a inversión está a ser, proporcionalmente, moito menor con respecto ao Campus de Vigo.

3) Que importancia ten no seu programa o proxecto do Campus de Ourense “A Porta de Galicia'?

Apoiaremos totalmente este proxecto. Así llo trasladei ao alcalde da cidade co que estou seguro de que atoparemos grandes sinerxias na defensa dun interés común. Trátase dun proxecto vital para a integración do Campus na cidade e o crecemento e a riqueza do seu entorno. A loita pola consecución do famoso túnel na Avenida Otero Pedrayo será unha das primeiras cuestións. Trátase de algo que non pode seguir demorándose e Enrique Barreiro, o candidato a vicerreitor do Campus, ten moi clara esta prioridade.

4) Considera viable a implantación dun tren lixeiro urbano na cidade, tal como anunciou o actual reitor Alberto Gago, tomando en conta a inminente chegada do AVE á provincia?

Antes falaba de humildade. Penso que xa vai sendo hora de deixar de anunciar obras que resultan tan faraónicas como inviables. Onde está o estudo de custos e demanda? Propostas deste calibre parten do descoñecemento da realidade da cidade e do Campus. Pensou Gago que para chegar dende a estación de tren ata o Campus cómpre cruzar o Miño?

5) A chegada do grao oficial en Ciencias Ambientais no Campus de Ourense é unha das maiores apostas académicas para o vindeiro curso. Que representa a súa chegada?

O feito de que no meu equipo contemos cunha vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Medio Ambiente non é gratuito, e Ourense terá moito que dicir.

6) Que necesidades en materia de infraestructuras considera que necesita o Campus de Ourense, para garantir o benestar da comunidade universitaria?

Sendo realistas e sin deixarnos levar pola demagoxia fácil, conformaríame con acadar, antes do remate do vindeiro mandato, o soterramento da Avenida Otero Pedrayo. Mais como vostede ben di, precisamos garantir o benestar da nosa comunidade e eso pasa, por exemplo, por dotacións como a da gardería, tan mencionada como esquecida.

7) Cales son as súas propostas principais para lograr a tan buscada descentralización do Campus coa cidade olívica?

O primeiro, a proposta da Ventanilla e Aaministración unica para a Universidade de Vigo, pero non queremos unha descentralización únicamente administrativa, senon tamén política, e aí entra unha reforma para que o Consello do Campus de Ourense deixe de ser un órgano inoperativo e as súas decisións resulten vencellantes para a Universidade.

8) Séntese seguro da súa victoria nas vindeiras eleccións reitorais?

Son un profesor que defendo no que creo firmemente. A victoria é para quen a merece, e para merecela cómpre traballar dende o primeiro día. Alguén me dixo que o número de votos acadados nunhas eleccións era proporcional ao número de solas de zapato gastadas e eu podo asegurarlle que nestas eleccións xa levo gastadas algunhas.

-Cal é a súa valoración sobre a precampaña que está realizando o seu opoñente Salustianoa Mato, de 'Alternativa Universitaria'?

Desculpe a ironía, pero non sabía que o meu opoñente fixese precampaña algunha para acadar o cargo de reitor. Facer precampaña é porse a traballar, visitar e escoitar as demandas de tódolos centros de tódolos campus antes da presentación dun programa electoral, e non artellar, como fai a súa candidatura, medidas improvisadas ou obrigadas polas circunstancias da proximidade electoral. En Alternativa, por querer, non querían nin que houbese campaña. Primeiro querían poñer a data das eleccións en plena época de exames, para que os estudantes non votasen, e logo propuxeron un calendario con cinco días hábiles de campaña, ata que, finalmente, como consecuencia das nosas queixas, serán nove días, coma nos anteriores comicios.

-Cales son as fortalezas e debilidades do contrincante?

No caso das debilidades, penso que a arrogancia, mais entendo que forma parte da herdanza dos que levan demasiados anos no poder da Universidade de Vigo. No caso da fortaleza, o seu don de xentes.

-Mantén algún tipo de amizade co seu rival, que opina del comoprofesional e docente?

Non temos unha relación estreita, pero si boa. Penso que se ten afastado demasiado da Universidade como para tentar ser reitor ás primeiras de cambio.

-Mato aposta por buscar un novo modelo de financiamento dos centros. Parécelle axeitado?

Nós somos partidarios da xestión por obxectivos. Por iso, nos parece ben. Pero temos a sospeita de que está agachando afondar nas inxustizas.

Te puede interesar