Preséntase en Salamanca un estudio sobre “A Esmorga'

O sexto 'Congreso de Novela y Cine Negro' de Salamanca contará hoxe coa intervención do crítico catalán especializado en literatura galega Joaquín Ventura, que presentará una comunicación relativa ó medio século da publicación da obra 'A Esmorga', do autor ourensán Eduardo Blanco Amor.
No estudio '50 anos de A Esmorga, un clásico auroral' , Ventura aporta dúas novidades. A primeira é delimitar a época da acción vivida polos tres esmorgantes, que non sería anterior a 1883, ano no cal foi inaugurada a estación de Monforte. Cibrán confesa ó xuiz a vontade dos protagonistas de fuxir no tren que ía de Auria a aquela vila ferroviaria, o cal non cadraría con interpretacións interesadas en situar a acción no momento da Revolución de 1868. A segunda novidade, xa insinuada por algúns estudiosos, estaría vencellada á tradición dos chamados 'graxos das Burgas'. Ventura sinala concretamente a actitude mancomunada e solidaria, verbo dos cartos e da bebida, que na súa andaina observan os tres esmorgantes, herdeira da descrición que dos graxos ourensáns fixeran escritores como Lamas Carvajal.

Te puede interesar