O PSOE reclama un centro de día público en Vilamarín

A responsable socialista considera “fundamental” esta infraestrutura 

A portavoz de Política Social do grupo socialista, Marina Ortega, presentou onte unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que “inicie os trámites para crear un centro de día de titularidade pública en Vilamarín”. A responsable socialista considera “fundamental” esta infraestrutura para unha localidade que ten máis de 2.000 veciños. Ademais, Ortega visitou onte o concello, xunto coa portavoz socialista municipal, Mariola Iglesias, onde presentou estas iniciativas para dotar ao municipio -que ten unha poboación envellecida nun contexto rural- deste recurso.

A parlamentaria socialista aproveitou tamén para “alertar” de que Galicia está a rexistrar “unhas listas de agarda para a resolución de grao e dos programas ndividuais de atención que duplican ao máximo de 6 meses fixado pola Lei de Dependencia”. Tamén afeou que a comunidade sexa “a que menos inviste por habitante potencialmente dependente de España a pesares dos fondos específicos entregados polo Goberno”. 

Te puede interesar