Os rapaces de Piñor aprenden a solucionar os seus conflictos

O Concello de Piñor organizou na tarde de onte un taller de prevención de violencia de xénero para cativos, no que participaron 12 nenas e nenos, dentro do 'II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes', aprobado recentemente pola Corporación municipal. Precisamente, un dos obxectivos que plantexa o Concello neste programa é 'promover conductas alternativas á violencia para a resolución de conflictos na poboación', subliña o alcalde, Francisco José Fraga.
O rexedor engade que 'neste traballo debemos implicar ós rapaces, xa que nun futuro próximo serán os adultos da nosa sociedade', e por elo deben aprender a solventar os seus problemas sen chegar á violencia.

Te puede interesar