A revista “Raigame” adica unha edición a Novoneyra

Mariló Fernández Senra, José Luis Baltar y Julio Fernández Senra. (Foto: JOSÉ PAZ)
A revista “Raigame” que edita a Deputación provincial de Ourense adica un monográfico ao poeta e escritor Uxío Novoneyra, protagonista do Día das Letras Galegas 2010.
A presentación da publicación tivo lugar hoxe na institución provincial coa presenza do presidente da Deputación, José Luis Baltar; os directores da revista, Xulio e Mariló Fernández Senra, e a responsable de Publicacións da Deputación, Ana Malingre.

Xulio Fernández Senra dixo na presentación que “Raigame” segue fiel aos obxectivos cos que nace: “Servir de instrumento de difusión para o traballo de investigación etnográfica de expertos, profesores, estudosos e, en xeral, para todas aquelas persoas que teñen algo que aportar á riqueza patrimonial e etnográfica de Galicia e de Ourense en particular”. Pola súa banda, José Luis Baltar referiuse a “Raigame” como “a revista de todos: un espazo literario onde teñen cabida dende os investigadores máis afamados ata os máis noveles, pero co requisito da calidade como única esixencia para todos”.

No que atinxe ao contido do número 32 que onte se presentou, Fernández Senra destaca “a excelencia” dos artigos que se inclúen, “tanto polo calado investigador, como pola gran aportación que fan á nosa historia”. Neste senso destacan as investigacións sobre “Os cabaceiros de madeira no Eo-Navia”, cuxo autor é Carlos Xesús Varela Aenlle; e “Os apuntamentos sobre a lírica de Emilio Pita”, artigo asinado por José Ángel García López.

Te puede interesar