ENTREVISTA

"Sempre me propuxeron cousas e non as tomaba en serio. Agora si, xa que non estaba a gusto"

fn_5769_result
photo_camera José Araújo, tras explicar las razones de su adiós al Concello y al PP. (XESÚS FARIÑAS)

O exportavoz do PP no Concello de Ourense analiza para La Región as causas da súa dimisión como edil do Concello de Ourense e o seu abandono da militancia do grupo popular no que estivo 27 anos

Nun día nada sencillo, coas emocións a flor de pel, José Araújo recoñece falta de sintonía cos seus compañeiros no goberno, aínda que prefire non adiantar  futuro.

Deixa o concello, pero tamén o partido. Por que?

Sempre interpretei unha cousa unida a outra. Se decido emprender un novo camiño, debo facelo desde unha independencia. Tamén podía quedar no grupo mixto, pero entendo que hai que cedela para que o PP siga cos seus 10 concelleiros.

Imaxínase fóra do municipal?

Xa estiven, pero gústame participar.

É unha desconexión co alcalde?

É unha desconexión cun goberno porque sinto esa necesidade. 

Coñece ó alcalde dende hai tempo. Non houbo sintonía?

Podes ser amigos e non ter por que montar un negocio xuntos, porque temos formas diferentes de velo. En ese razoamento meto que non me sentía a gusto coa dinámica do goberno nin coa da corporación.

É difícil traballar no día a día co alcalde?

Para min non, o que pasa é que o conxunto non me convencía. Eu tiña moita liberdade, non teño queixa, pero no seu conxunto a fórmula non funciona.

Pero esa frase dos selfis e insultos parece moi dura.

Non vai orientado só ó alcalde. Quizais tería que ter engadido cámaras, reportaxes, pero tal cal o dixen, así o penso.

Faltou cintura para negociar?

Quizais fixo falta ser más flexibles, permeables, ten que haber unha fórmula diferente a se tes maioría para conseguir o consenso. Coa fórmula establecida no Concello, falla o goberno e a oposición.

Esperaba outro escenario?

Está claro que nas cuestións fundamentais non tivemos como goberno capacidade para chegar a acordos, nin a oposición para ofrecelos.

A súa decisión pode ter un efecto arrastre de outros militantes da cidade?

Vaise ir vendo ó longo destes días.

                         fn_5907_result

Atráelle ser cabeza de lista?

Dependerá de en que condicións.

Pero vese preparado?

Prefiro que opinen os que me rodean. O que si afirmo é que me gusta a política, que quero esta cidade e que me apetece participar. Estarei onde me permitan os veciños se decido dar un paso.

Non nos podemos abstraer do momento, a catro meses das eleccións. Por que agora?

Porque non me vexo formando parte dun modelo como o actual no seguinte mandato.

Pode facerlle dano ó PP.

Está por ver. O que teño claro é que non quero seguir participando así.

Fan falta novos actores?

Ver como algún compañeiro basa a súa actividade en insultar ou buscar nas alcantarillas non aporta.

Había división no goberno?

É un grupo de persoas co que non é difícil de traballar, pero como calquera plato, os ingredientes por separado son bos, pero a combinación non. O que precisamos é unha mezcla diferente, o plato non funciona.

O alcalde daba a entender que estaría na lista do PP. Era así?

Teño a intuición de que si, pero non o sabía a ciencia certa.

Esas dúbidas chegan por contactos doutras forzas ou viceversa?

Máis ou menos en paralelo. Sempre tiven portas abertas, propuxéronme cousas, que non tomaba en serio pero escoitaba. Agora si lle prestei máis atención porque non estaba a gusto.

É un camiño sen retorno ou podería volver ó PP se hai cambios na estructura?

Penso que é unha etapa cumprida.

Ciudadanos recoñece que encaixa no seu proxecto, que ten as portas abertas.

Está por ver, agora mesmo non confirmarei nada. Necesito desconectar. Véxome sachando en Palmés, desconectando.

O apoio que sinta pola rúa pode ser un acicate?

Será decisivo.

Tiña moitas responsabilidades. Dálle rabia algo que non logrou?

Dediqueille o máximo cos bimbios cos que contaba, non teño remordementos. Gobernar en minoría é moi difícil sendo tan poucos.

Remata esta etapa frustrado?

Non. Cando non estou a gusto o digo, e se non cambia, apártome. Estou convencido de que é o correcto.

Veríase pactando co PP nunha futura corporación?

Se de min dependese, sempre intentaría negociar o mellor para a cidade, veña de quen veña. 

Te puede interesar