Teatro do Vilar abre a MIT ribadaviense o mércores

A Concellería de Cultura de Ribadavia xa puxo onte á venda as entradas e os abonos para os espectáculos que se desenvolverán do 16 ó 24 de xullo na edición número 26 da Mostra Internacional de Teatro (MIT), e que tamén se poden mercar na páxina de internet www.caixanova.es, ou chamando ó teléfono 902.504.500.
A organización do evento teatral pón en circulación 130 entradas para as nove funcións do Auditorio do Castelo, con abonos de 50 euros para todo o programa. Tamén haberá 300 entradas para as catro representacións da Casa da Cultura e outras 130 para as dúas da igrexa da Madalena, mentres o resto de espectáculos, ata un total de 25, serán de acceso libre nas seccións 'Ruadavia' e 'SputMit'.

O concelleiro de Cultura, Anxo Collarte, adiantou que 'coma é tradicional, será a compañía ribadaviense Teatro do Vilar quen abra o certame o vindeiro mércores'. O grupo afecionado presentará a súa nova montaxe, 'Mentiras', ás 23.00 horas no Castelo.

Te puede interesar