U

Títeres para toda a familia

Cartaz da companía Títeres Falcatrúa.
As festas de Ourense seguen o seu camiño.
Hoxe domingo é un día para gozar en familia e, por elo, unha das actividades destacadas é o teatro de Títeres a cargo do grupo Falcatrúa que presentará a obra 'O espírito do bosque'. Tratase dunha comedia que narra o acontecido nun bosque ó ser invadido polo lixo e de como Celes, o trapeiro calé, mantedor inconsciente do precario medio, é capatado polo ruín especulador Maldrás para que abandone a súa benéfica actividade e traslade uns misteriosos bocois ó bosque. Estes resultan ser radioactivos, polo que os habitantes da fraga alertan a Celes que, decatándose da gravidade da situación, tenta desbara-ta los planos do pérfido Maldrás.

'É unha obra na que se ensalza o espírito ecolóxico e o civismo dun xeito ameno e entretido', comenta Esteban Losada, autor da obra.

'O espírito do bosque' está recomendado para nenos de 5 a 12 anos e para toda a familia e 'estamos seguros que vai sorprender e gustar, xa que o público deixa de ser mero espectador e, a través dunha comunicación constante, facemolos participes de todo o que acontece na obra', engade o autor.

O espectáculo, que terá lugar na Praza San Marcial, combina o títere tradicional cunha coidada posta en escena, na que cabe subliñar un amplo e complexo deseño de luces. Técnicas empregadas luva, variña e marotte.

A representación ten unha duración de 60 minutos e será posta en escena en horario de mañá, ás 11.30 horas e, pola tarde, ás 18.00 horas.

Te puede interesar