O establecemento da rúa Concordia pechou as súas portas, despois de 60 anos, o pasado 29 de outubro, tras dúas xeracións adicadas a inmortalizar os momentos importantes de moitos ourensáns.

A última imaxe de Foto Riego

Fachada de Fotos Riego.
Foto Riego abriu ó público no ano 1950. O seu fundador, Luis Albino Fernández Riego, decidiu que o seu primeiro apelido era demasiado común para darlle nome a un establecemento comercial. Antes de abrir a súa propia tenda, estivera traballando, dende neno, con Ernesto Schreck. Foi con algo máis de 30 anos, cando decidiu independizarse e montar o seu propio negocio.
Mercou o establecemento da rúa Concordia, ata entón Foto Castro. A súa filla tiña daquela sete anos e, dende ese momento, comezou a 'mamar' cada retoque, cada revelado, cada iluminación e cada retrato que o seu pai facía. Ó principio, só atendía a tenda, pero pouco a pouco foise somerxendo niso ó que ela se refire como a 'artesanía' fotográfica. O nome desta nena é María Elena Fernández e hoxe, con 67 anos, acaba de pechar as portas do negocio que a mantivo toda a vida.

'A idade de xubilación e as novas tecnoloxías foron pezas chave para que María Elena decidira que era o momento de pechar. Pero faino, en parte, con satisfacción, porque a empregada que a acompañou durante os últimos 34 anos permanecerá traballando no negocio, de próxima apertura, que ocupará o local de Foto Riego. A propietaria confesa, con humildade, que o dixital acabou por superala. 'Considerei que xa non tiña idade para empezar a aprender de novo', di María Elena Fernández.

Eso si, di que a súa profesión 'sempre me gustou moitísimo e o meu pai viviuna intensamente, debe ser iso o que ma meteu no corpo'.

En todos eses anos, Elena Fernández, que pese a ser fotógrafa non quere agora aparecer na imaxe gráfica que lembra o seu establecemento, ten unha lembranza especial das fotos da emigración, 'cando viñan os avós cos netos a retratarse para anviar as fotos ós pais, que estaban fóra'.

Dende que Foto Riego naceu ata hoxe, a fotografía evolucionou dun xeito fugaz. Mentres que antes a maior parte da xente que acudía ós estudios, oxe a propietaria do establecemento ve a técnica como algo 'máis industrial'. Tamén a ilusión do cliente cambiou. 'A xente nova ten agira un concepto da fotografía diferente, pouca xente revela fotos e así non se pode vivir', di. Antes, volve a lembrar, non había idades, retratábamonos de continuo pero agora é rarísimo que a xente nova vaia facer unha foto de estudio'. E tampuco hai a mesma ilusión por unha foto, afirma, mentres volta a cara para facer memoria de tódolos seus clientes, de xeracións de pais que casaron e se fotografíaron e que despois levaron ó estudio de Foto Riego ós seus fillos, cando naceron, na primeira comunicón e cando, despois, casaron. 'Entón viñan cos netos pero eso agoa perdeuse', lamenta, mentras mira con nostalxia o establecemento que agora se adicará a outra cousa.

Te puede interesar