CITA GASTRONÓMICA

O concurso de pinchos de Outono reúne esta vez a 52 establecementos

Os participantes optarán a distintos premios, sumando esta edición a novidade do distintivo "Pincho Celíaco" para as elaboracións gatronómicas sen glute

Un total de 52 establecementos da cidade participarán na oitava edición do concurso "Sabores de Ourense, Pinchos de Outono", que se celebrará entre o 20 e o 29 deste mes. Cada pincho terá un precio máximo de 2,50 euros e estará elaborado con cogomelos e castañas xa que se pretende "promocionar o consumo destes productos autóctonos e de tempada", explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Este ano, sumáronse á cita dous locais mais e destaca a implicación, ademais dos locais do Casco Vello, dos establecementos dos barrios de A Ponte, Mariñamansa, San Francisco, o Couto e os situados nas instalacións termais de Outariz e A Chavasqueira. "O noso obxectivo é levar o concurso a toda a cidade", dixo Javier Outomuro, presidente da Unión de Hosteleiros Ourensáns.

Como novidade, nesta edición recupérase o "Premio Pincho Celíaco" e poderán optar a esta distinción aqueles que na súa elaboración non empreguen glute. O mesón gañador do primeiro premio do xurado profesional será o representante da cidade na vindeira edición do concurso autonómico "De Tapas por Galicia", evento organizado pola Axencia de Turismo de Galicia. "É importante para os establecementos salirse do ámbito local para poder vender o seu propio pincho", dixo Outomuro. Tamén se contará coa presencia de Ángel Moretón, director do Concurso de Pinchos de Valladolid, no xurado profesional.

Votación e maridaxe

Os consumidores poderán votar as súas propostas favoritas a través da aplicación móbil "sabores de Ourense", que o ano pasado rexistrou mais de mil descargas. Entrarán no sorteo dun iPhone 6. Asimesmo, tamén poderán gañar unha cata de viño da denominación de orixe de Ribeiro.

As tabernas participantes ofrecerán aos consumidores a súa cata de viños de Ribeiro para acompañar o pincho de outono. "Se o consumidor acepta a proposta, entra no sorteo dunha maridaxe para 10 persoas", explicou Javier Outomuro. O local gañador tamén será premiado cunha cata de viños desta denominación.

Te puede interesar