Día das Letras Galegas 2021

Día das Letras Galegas | Xela Arias, unha poeta moderna e rebelde

photo_camera A poeta Xela Arias, unha artista avanzada ao seu tempo.
Dúas poetas ourensanas destacan a figura e a obra da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, Xela Arias, a quinta muller que recibe este recoñecemento da Academia en case seis décadas de historia desta celebración. 

Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), tradutora, editora, narradora e profesora falecida aos 41 anos de idade, é a protagonista dun dos Días das Letras Galegas de maior consenso social dos últimos anos. 

A poeta ourensana Arancha Nogueira é unha das artistas que participan no documental sobre Arias que preparou a Real Academia Galega como homenaxe. Nogueira ten claro o que para ela supón a figura de Xela Arias: "Para min, Xela significa unha forma de comprender a literatura e a cultura galegas, e a necesidade de alimentalas sen deixar de ser rupturista e rebelde". 

undefined

Ademais, para a sociedade galega, salienta Nogueira, "representa unha figura diferente, como foi a de Lois Pereiro, ambos únicos e individualizables. Xela é ademais alguén con quen nos podemos sentir identificadas as mulleres e todas persoas que vivimos no século XXI, porque foi unha visionaria. E explorou as límites da linguaxe para dicir cousas que son indicibles", destaca.

Pensando noutras mulleres que poderían ter acadado tamén este recoñecemento (contando a Arias, foron 56 homes e tan só 5 mulleres os homenaxeados), recorda a "por exemplo, Pura Vázquez, e podería dicir outras moitas. Ao ser un premio póstumo, aínda pode remontarse. As dúas últimas mulleres premiadas, Moreno e Arias, o foron, ademais de pola súa obra, porque houbo unha presión social moi forte. Aínda é necesario que haxa presións para que a RAG lle conceda o Día das Letras a unha muller. En lugares onde as tradicións marcan o camiño, é complicado que se rache cos esquemas". 

Tamén é difícil para ela escoller con que fito da súa traxectoria quedarse: "Toda a súa obra é interesante, tendo en conta que morreu moi nova, o que outorga aínda máis mérito á súa obra. 'Denuncia do equilibrio' é o meu favourito dos seus libros, xa desde o título é unha declaración de intencións ante a vida e a literatura. Temos a oportunidade de coñecer a unha autora sen difusión ata agora. Cómpre tela como autora de cabeceira". Por último, Nogueira lamenta que "houbo unha desconexión xeracional, pola invisibilización tan grande da súa figura. Ata 2020 era case imposible conseguir as súas obras, que estaban descatalogadas. Agora é un momento perfecto para que os máis novos se acheguen a alguén que marcou un antes e un despois no panorama poético galego, cunha voz tan persoal e sempre explorando os límites da linguaxe".

A poeta ourensana Rochi Nóvoa participa hoxe no acto na Insua dos Poetas en recordo de Xela. Para ela, a galardoada este ano pola academia é "unha autora referente, tremendamente actual, que formou parte da miña adolescencia. Foi unha muller modelo, que traballou para facerse un oco dentro dun sector moi masculino, que deixaba atrás á muller e a poesía"

Vilardevós 23/5/18
Actividad prevención incendios en el colegio de Vilardevós
Rochi Nóvoa
Fotos Martiño Pinal

Agora queda a dúbida de ata onde podería chegar Arias con algo máis de tempo: "Ao final, a idade aporta madurez, unha visión diferente. Pero ela era unha gran comunicadora e escribiu moitos libros en pouco tempo", explica.

Engade Nóvoa que Arias era "unha muller inqueda, que impulsou os recitais musicados e reivindicou unha poesía directa, que ten que provocar. Ela o lograba moi ben. As súas mensaxes eran directas e fáciles de comprender".

Ao respecto das poucas premiadas pola Real Academia Galega ao longo das décadas, recalca que "a sociedade está mudando, algo que é positivo, pero de forma lenta como con calquera outro cambio. Sempre se incidiu máis na figurta do home, pero creo que é cuestión de tempo, de ir avanzando con logros pequeniños". Sobre as súas mellores obras, dubida a cal poñer por riba de todas: "Denuncia do equilibrio é un libro flipante, pero 'Tigres coma cabalos' non se queda atrás, e 'Darío a diario' é unha visión moi bonita dunha nai, materna pero tamén realista", conclúe.

Música, teatro, danza e poesía

A Deputación de Ourense conmemorará esta edición do Día das Letras con sete espectáculos de música, teatro, danza e poesía que se celebrarán noutras tantas localidades da provincia. As celebracións deron comezo o pasado xoves en A Valenzá (Barbadás), co espectáculo titulado "Xela Arias fala coa  natureza". 

Te puede interesar