POLICÍA LOCAL

A Policía Local de Ourense: "Non se pode enganar a xente e vender unha reestructuración"

Xoán Carlos Bouso, Voceiro do Sindicato Profesional de Policías Locales de España-Galicia, avisa de que  "hai certo retraemento económico porque de noite cóbrase o plus de nocturnidade" e que "a calidade de vida e saúde vese afectada"

Xoan Carlos Bouso, Voceiro do Sindicato Profesional de Policías Locales de España-Galicia, falou sobre a reestructuración de horarios que terá a Policía Local. Nas súas palabras, "afecta á arbitrariedade dos postos de servizos", ó que engadiu que "podería ser asumible". 

Sen embargo avisa de que  "hai certo retraemento económico porque de noite cóbrase o plus de nocturnidade" e que "a calidade de vida e saúde, en enfermidades como a Diabetes de tipo D, vese potenciada polo descontrol horario".

Rematou engadindo que "o que non se pode é enganar a xente e vender unha reestructuración , cando o único que se fai é baixar catro policías de noite e tres ou catro de día"

Te puede interesar