AXUDAS ECONÓMICAS

A Xunta axudará a arranxar camiños no rural de Ourense

A Xunta destinará preto de 300.000 euros para arranxar e renovar diferentes camiños do rural ourensán. 

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou o Concello de Ourense para coñecer o proxecto de arranxo e posta en valor de diferentes camiños rurais do municipio con cargo aos orzamento do seu departamento posto que esre ano se investirán preto de 300.000 euros en diferentes rúas da localidade. 

Acompañada pola delegrada provincial, Marisol Díaz, e polo alcalde, Jesús Vázquez; reuníronse con veciños das zonas nas que se vai actuar co fin de presentar o proxecto e recoller suxestións. 

O proxecto da Consellería do Medio Rural inclúe actuacións na rúa amizade, no camiño qeu une A Burata con Vilariño e na estada de fechos a Santa Cruz de Arrabaldo. Tamén se investirá nun proxecto de renovación en Seixalbo e na reforma do camiño de Beiro de Abaixo a Regoalde. 

Te puede interesar