ACTIVIDADES

O foro de emprendemento terá continuidade con visitas guiadas a empresas

Manuel Baltar clausurou esta iniciativa, que se desenvolveu en Bande

O foro "Transforma Ourense", que se celebrou entre o xoves e onte sábado na localidade de Bande, terá continidade con visitas guiadas para que os participantes no mesmo coñezan experiencias de éxito empresarial que lles aporten información práctica para aplicar na creación do seu propio proxecto. Así se puxo de manifesto no decurso do acto de clausura do foro, que tivo lugar onte e estivo presidido polo presidente da Deputación, Manuel Baltar , xunto co alcalde de Bande, José Antonio Armada.

Estas xornadas, postas en marcha pola Deputación provincial, tiñan como obxectivo apoiar a creaciòn de emprego e o emprendemento no medio rural ourensán. Nas mesmas analizáronse exemplos de proxectos agroalimentarios, cooperativas, recursos naturais e forestais, banco de terras, montes en man común e aspectos financieros e empresarias, que próximamente os participantes no foro poderán coñecer 'in situ' grazas ás visitas guiadas que organizará a Área de Benestar da Deputación.

Durante a súa intervención Manuel Baltar agradeceu ó alcalde de Bande esta iniciativa e felicitouno polo éxito de participación acadado xa que "iniciativas como esta nos permiten poñer en valor o potencial e a riqueza da nosa provincia, para que emprendedores e desempregados poidan iniciar un proxecto empresarial baseándose en experiencias que teñen demostrada unha contratada calidade e un éxito incuestionable", asegurou.

Te puede interesar