O Grupo de Investigación Neurovascular do CHUS comparte os seus últimos avances nunha reunión de coordinación en Girona

Profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), por quinto ano consecutivo, compartiron os seus últimos avances no ámbito dunha investigación neurovascular no encontro nacional da rede de Investigación Neurovascular (Renevas), en Girona.
De feito, o responsable da Área de Xestión Clínica de Neurociencias do CHUS, José Castillo, é, ademais, o coordinador nacional deste grupo de investigadores que se sitúa na vangarda da investigación neste ámbito, segundo destacou o complexo compostelano.

Durante dous días, entre o xoves e este venres, uns 170 investigadores dos diferentes grupos asistiron á posta en común da situación actual das principais liñas de investigación que se desenvolven en cada centro.

En concreto, profesionais do CHUS realzaron tres exposicións sobre temas de grande interese sobre os que se investiga en Compostela. Así, Tomás Sobrino falou de 'Endotelina-1 e edema cerebral, ¿nova diana terapéutica?', Pedro Ramos abordou os 'Modelos Animais. Aplicación en clínica humana' e José Castillo ofreceu unha charla sobre 'Termometría por RM e progresión de dano tisular tras a isquemia mediado pola temperatura'.

A Rede Temática de Investigación Neurovascular agrupa 25 centros de investigación procedentes de Madrid, Cataluña, Valencia, País Vasco, Castilla-León e Galicia cunha recoñecida traxectoria en investigación translacional en enfermidades cerebrovasculares.

O Grupo Neurovascular de Galicia inclúe tres grupos pertencentes a centros de Atención Primaria de Lugo, Vigo e Santiago e o grupo do CHUS, que é o responsable da coordinación nacional.

Te puede interesar
Más en Sociedad