Os Bolechas pasearán en Río e Trives no Nadal

Os personaxes da coñecida saga infantil Os Bolechas chegan ás terras altas do macizo central ourensán neste Nadal.

O próximo domingo 26 de decembro, ás 17,00 horas, é unha cita ben especial para os cativos do concello de San Xoán de Río, quenes poderán ver a esta familia formada por seis irmáns máis un can.

Esta actividade, organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), comenzará na Praza da Igualdade, ofrecendo un espectáculo polas rúas deste pequeno municpio. Este ‘Pasacalles dos Bolechas’ percorrerá a rúa principal do pobo rematando no pavillón ou na casiña azul, lugar índa por determinar según sinala o seu alcalde Xosé Miguel Pérez Blecua, quen engade que é totalmente de balde para todos os que se acheguen a disfrutar desta xornada.

A cativada da Pobra de Trives tamén recibirá a estos queridos personaxes na súa xira de Nadal, organizada tamén en colaboración coa Xunta. Desta volta aterrizan na vila trivesa o vindeiro 30 de decembro, xoves, ás 17,00 horas, recibindo aos pequenos na Praza do Concello, desde onde comenzarán o seu animado e divertido percorrido polas rúas.

Te puede interesar