Clara Luis: “Síntome moi orgullosa de que este galardón se viñera para Trives”

Clara Luis co premio en La Viuda.
photo_camera Clara Luis co premio en La Viuda.
Clara Luis Domínguez fou galardonada cos Premios Picadillo 2024

Clara Luis Domínguez viviu unha tarde chea de emocións na entrega dos Premios Picadillo 2024, dentro do recoñecido Galicia Fórum Gastronómico celebrado na Coruña. Cercana, amable e rodeada dos seus, Clarita, como todos a chaman cariñosamente na súa terra, subiuse ao esceario para recoller o galardón que homenaxea a súa labor no restaurante La Viuda, onde, desde fai casi cinco décadas, non hai día que esta amable muller non pase por cada unha das mesas preocupándose polos seus clientes. Clarita recolleu o premio este martes 9 de abril, entre nervios, acompañada por toda a súa familia.

Cómo recibiu a nova de que fora premiada?

Pois chamaron a meu fillo para decirlle que estaba entre os galardonados nos premios Picadillo e a verdade é que me emocionei moito, fun á cociña onde estaba o resto e ata toleamos de contentos.

Aínda que La Viuda ten varios recoñecementos, este é o seu primeiro galardón?

Si, a casa ten recibido varios premios e tanto meu marido Ángel como meu fillo Anxo tamén, pero para min este é o primeiro que recibo, e ben bonito, ata me fixo ilusión que puxeran “Clarita” na presentación, como me chaman todos os que me coñecen.

Casi 50 anos tras os fogóns e na sala, como cre que mudaron os tempos?

Eu non podo decir nada malo da miña experiencia, os clientes sempre me trataron moi ben cada vez que os saudaba nas mesas, nunca tiven unha mala cara. Os tempos mudaron, de xeito que creo que agora a hostelería valorase máis que cando nós comenzamos.

Cómo foron aqueles comezos?

Tiven a sorte de ter unha sogra coa que conxeniei moi ben, e xunto con ela e meu marido fomos organizando cada día, distribuindo o traballo. Cada un encargábase dalgunhas tarefas e á sala sempre saín eu. Teño moitas anécdotas e podo decir que casi todas moi boas.

Qúe destacaría deste recoñecemento á súa profesionalidade na sala?

Pois por encima de todo, do que máis orgullosa me sinto é de que veña para o rural, que veña para Trives. Moitas veces parece máis difícil dar a ver sitios máis pequenos e este paréceme un xeito bonito.

Ademáis na entrega estivo acompañada pola súa familia, que continúa co negocio, como vive ver a seus fillos tralos fogóns?

Para min eso é un orgullo, aquí se criaron e ver agora que os dous camiñan da man co negocio familiar, pois imaxínate. Anxo non é nada sen María, e María non é nada sen Anxo, os dous se compaxinan moi ben. Levan visto desde pequeniños como funcionábamos na casa e así siguen.

Con modernidade pero sen perder a esencia, non si?

Claro, eso sempre, os tempos van cambiando, pero no restaurante sempre se poñen en valor os produtos da zona.

Te puede interesar