Tres fontes e camiños de Río mellorarán co obradoiro dual

Traballadores do obradoiro dual.
photo_camera Traballadores do obradoiro dual.

Baixo o nome “Macizo Central I” daba comenzo fai un par de meses o segundo obradoiro dual de emprego dos concellos de Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, A Pobra de Trives e Manzaneda.

Neste segundo ano completarase a formación do nivel II de forestal e iniciouse o nivel I de albanelería.

Un grupo dos 20 alumnos xa están no Concello de San Xoán de Río traballando nos puntos destacados que se sinalaron no proxecto. Desde este concello solicitaban o arranxo de tres fontes e tres camiños dentro do seu territorio.

Esta semana iniciaron os traballos de albanelería para o arranxo da fonte da aldea de Acevido, a cual ten 61 anos, data de 1961.

O alcalde de Río explica que este obradoiro permite formar a 20 persoas, mellorándole o acceso ao mercado laboral unha vez rematado.

Te puede interesar