Obituario | Jaime Diéguez Martínez, o afiador do eterno sorriso

O afiador do eterno sorriso.
photo_camera O afiador do eterno sorriso.

Jaime Diéguez Martínez, o Jaime de Outeiro, o Jaime de San Lorenzo, o do eterno sorriso e unha morea de anécdotas, o afiador; hoxe deixounos así como el sempre pedía, rápido, sen sufrir, silencioso el q era un home de tantas palabras.

Hoxe as rúas da Bonanova fican orfas para sempre do chifro do galego, as gradas do Sarriá leváronse para sempre unha pasión construída domingo a domingo e o branco do Real Madrid reloce á seu carón como unha luz para a eternidade.

Orfas as rúas de Trives e ausentes do seu peculiar xeito de relacionarse co mundo, sempre de bo humor, sempre apertando, sempre acollendo e a casa de Outeiro un pouco máis vacía ali onde se gardan as moreas de lembranzas dos días felices, das siestas na aira, das sombras no balcón, das comidas con auga da manteca.

Furriel, marchaches cara o solpor cecais ca túa roda de afiar, asubiando, cos teus ollos azuis de ceo,  pero os queicoas perduran por sempre entre nós porque son totems, realidades, vixias do amor e da unión. Non te defraudaremos. Descansa en paz.

Te puede interesar