DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Música para festexar as Letras Galegas en Trives

As Macizas Centrais na última actuación.
photo_camera As Macizas Centrais na última actuación.
O grupo de Macizas Centrais encherá as rúas coa súa música o vindeiro 17 de maio

A Pobra de Trives conmemorará o vindeiro venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, coa música das Macizas Centrais enchendo as prazas e locais da vila, un evento musical co que homenaxear á escritora Luisa Villalta. O acto organizado pola Asociación Cultural A Caniceira e o seu grupo de música das Macizas Centrais comezará ás 12,30 horas amenizando as rúas da vila trivesa.

Desde o grupo musical, que percorre a xeografía local coa súa música, afirman que “a nosa lingua é fermosa e a nosa cultura tamén, así que non podiamos deixar de festexar esta data aquí en Trives; chamáronnos para actuar nesa data noutros sitios, pero decidimos que o máis nos apetecía era tocar na nosa vila, vestidas co traxe galego e invitando aos veciños a festexar o día das Letras con nós”, precisan. “A nosa idea era tocar ao aire libre, esperemos que o día nos acompañe e sexa unha fermosa festa”, conclúen.

Te puede interesar