CAMPAÑA

Chega a era dos Muvers á Universidade, es una deles?

Cartaz da presentación da campaña dos Muvers.
photo_camera Cartaz da presentación da campaña dos Muvers.

O Servizo de Deportez presenta unha campaña adicada aos profesionais e estudantes.

Foodies, runners, hipsters, millenials, estudantes, expertos, influencers... persoas. Unha xeración completa de persoas que forman parte da Universidade de Vigo e que se preocupan polo seu corpo e a súa saúde; por ser máis activos, estar máis saudables e atopar a felicidade no seu benestar físico e mental. Benvido á era dos Muvers. 
Un muver practica deporte, gústalle viaxar, coñecer mundo.

Un muver é unha persoa moi activa, que coida os seus hábitos e non se permite "perder o tempo" sen facer nada. A aventura e a competición están presentes na súa vida como unha forma de vivila. 

Un muver é alguén comprometido, que coida da natureza e cre na felicidade como algo real e alcanzable. Traballo en equipo, desfrute, pracer, deporte, actitude. Estes son algúns dos conceptos que están presentes en todo estilo de vida muver. Optimistas, pragmáticos, diplomáticos. Os muvers saben que pertencen a unha xeración que ten que traballar duro polo seu futuro e onde a súa carreira é o piar fundamental dunha vida estable. Pero tamén saben perfectamente a importancia que ten o presente, por iso víveno dunha forma saudable, sabendo que o hoxe é a clave do mañá. 

Por todo esto, non o dubides e busca máis información en Muvers.es ou no Facebook do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo (www.facebook.com/servizodedeportesuvigo).

Te puede interesar
Más en Universitas