UNIVERSITAS

Convite para adentrarse no mundo das carreiras e andainas

10311755_614119248664372_7610492051088301994_n_result
photo_camera Un momento da pasada edición da carreira 10Km Cidade Universitaria.

As citas deportivas nas inmediacións do campus vigués serán o 26 de abr

 Non se buscan profesionais nin persoas expertas en carreiras. O que busca o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo é movilizar ó maior números de participantes na vindeira "Happy go running", que será o 26 de abril nas inmediacións do Campus de Vigo. Será así a novena edición da carreira 10 Km Cidade Universitaria que contará tamén coa tradicional andaina e  este ano como novidade, coa carreira dos 5 Km, para todos aqueles que se queiran iniciar nesta disciplina deportiva, pero sobre todo para os que queiran gozar dunha estupenda experiencia onde divertirse e a satisfacción que produce o facer deporte son as bases deste evento.

Como en pasadas edicións, a coñecida como carreira da felicidade contará con actuacións musicais ó longo da actividade e os participantes poderán ler, mentras realizan o recorrido, diversas mensaxes relacionadas coa felicidade. A estas propostas sumaranse múltiples sorpresas que os participantes irán descubrindo o mesmo día.

Todos os interesados en participar en calquera dos tres eventos deportivos poderán anotarse xa no mes de febreiro.

Te puede interesar
Más en Universitas