UNIVERSITAS

Os diferentes camiños do “mellor oficio do mundo”

gal1-4-_result

O director Alfonso Zarauza, que este martes participou na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación na segunda sesión da Máster Class Audiovisual Galego Augal.

Por unha banda, unha longametraxe que contou cun orzamento de case 1,5 millóns de euros e, por outra, unha película rodada en dez días con pouco máis de 80.000. Dous camiños ben distantes no mundo do cine “pero complementarios”, segundo o director Alfonso Zarauza, que este martes participou na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación na segunda sesión da Máster Class Audiovisual Galego Augal. Grazas ás proxeccións de "A noite que deixou de chover "e "Encallados", este cineasta compostelán puido amosar ao alumnado “os dous posibles camiños que pode haber tanto no cinema galego como no universal” e trasladarlles que “as ganas de facer cousas” son o máis importante “no oficio máis bonito do mundo”.

Como “un dos nosos directores máis solventes” presentou o profesor Miguel Anxo Fernández, coordinador de Augal, ao protagonista desta sesión dobre da cuarta edición da Máster Class Audiovisual Galego, na que se proxectaron de xeito consecutivo as dúas primeiras longametraxes de Zarauza.

Te puede interesar
Más en Universitas