UNIVERSITAS

Diversas opcións para seguir formándose durante o verán

_g1_result
photo_camera Manuel Morquecho, responsable de Extensión Cultural do campus.

O 4 de maio ábrese a matrícula nos cursos de extensión universitaria do Campus de Pontevedra

“Abrirse á sociedade, que o coñecemento que se xera non quede pechado dentro das facultades, é un obxectivo prioritario da Universidade”, destaca o responsable de Extensión Cultural do campus, Manquel Morquecho. De aí que a renovada oferta de cursos de extensión universitaria que impulsa a Vicerreitoría para seguir formándose durante o verán “estea pensada para resulte accesible a calquera persoa interesada”. O ensino, o maltrato infantil, a adolescencia e o fútbol son os eixos temáticos das seis propostas formativas, abertas a toda a cidadanía, que se desenvolverán entre xuño e setembro e nas que será posible matricularse a partires do 4 de maio.

Con descontos do 25 por cento para os membros da comunidade universitaria e do 50 para bolseiros Mecd, esta oferta formativa defínese pola renovación, xa que só unha dos seis propostas formou parte do programa anterior. “A nosa idea é tocar a maior parte das áreas do campus”, resalta Morquecho dunha oferta formativa conformada por cursos de entre 30 e 52 horas para os que non son precisos coñecementos previos e que parten das propostas realizadas polo profesorado do campus. “Moitas delas están relacionadas coas liñas de investigación coas que traballan, polo que contribúen a súa posta en valor e a que calquera persoa se poida aproveitar dese coñecemento”, destaca e incide na transferencia de coñecemento que implica un programa formativo de interese “para un gran número de profesionais”, así como para o alumnado.

Te puede interesar
Más en Universitas