CONGRESO

Do que falan as novas xeracións que indagan na historia

O Campus de Ourense acolleu durante dous días as V Xornadas de Xóvenes Investigadores.

O campus de Ourense acolleu durante dous días, este pasado martes e onte, as V Xornadas de Xóvenes Investigadores, organizadas pola Delegación de Alumnos da Facultade Historia.

Como xa vén sendo tradición, a cita xuntou a un activo grupo de investigadoras e investigadores das áreas de Historia, Xeografía e Arte de diferentes universidades para que presentaran os traballos que están a realizar, para intercambiar coñecementos e para fomentar a colaboración entre eles e elas. 

“Estas xornadas son froito do traballo de moitas persoas que en cada edición intentan que sexan un punto de encontro para os que están dando os primeiros pasos na investigación e que non sempre atopan espazo para expor os seus traballos”, comentou Xoel Díaz, en representación da organización da cita. 

Este foro, engadiu Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia, permite que “conlfúan persoas con formacións e intereses diversos”, unha característica que o converte “nunha moi boa oportunidade” para que as persoas que xa remataron a carreira e que están interesadas na investigación se encontren e estreiten lazos. As xornadas, subliñou Pablo Gerpe, tamén da organización, acolleron principalmente a exposición dos primeiros traballo investigadores que se realizan nas facultades, como son os traballo fin de grao, aínda que o programa tamén inclúe a presentación doutro tipo de interesantes proxectos.

Te puede interesar
Más en Universitas