FACULTADE ECONÓMICAS

Gómez Fraiz inicia unha nova etapa como decano

Santiago Gómez Fraiz, con camisa blanca, acompañado do resto do seu equipo.
photo_camera Santiago Gómez Fraiz, con camisa blanca, acompañado do resto do seu equipo.

A acreditación dos títulos que aída non pasaron por ese proceso será un dos grandes retos desta nova etapa.

Con 48 votos a favor, 18 en contra e nove en blanco a Xunta de Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais avalou o labor realizado por Santiago Gómez Fraiz e o seu equipo ao fronte do decanato do centro, no que agora inician unha nova etapa na que o principal reto é a acreditación dos títulos que aínda non pasaron por ese proceso.

Xunto a Gómez Fraiz, profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing, completan o equipo os docentes Gonzalo Caballero, como secretario; Rocío Rodríguez, como vicedecana de Calidade; Fernando Comesaña, de Organización Académica; Jorge Vila, de Relacións Internacionais, e Lucy Amigo, incorporación desta nova etapa, como vicedecana de Coordinación e Espazo Europeo de Educación Superior.

A xuízo do novo decano o primeiro gran reto da facultade é que as titulacións que aínda non pasaron por ese proceso acaden as acreditacións no 2017, “unha cuestión chave para o centro” e que esixe continuar co traballo que se ven facendo, pois varios títulos xa superaron con éxito este proceso.

A maiores, o decano fixo tamén referencia á necesidade de recuperar o “peso específico” do centro no conxunto da Universidade, abrindo a porta á posta en marcha de novos programas de simultaneidade entre titulacións e a busca de sinerxías entre centros “á par que traballar duro na promoción dos estudos entre os estudantes de secundaria”.n

Te puede interesar
Más en Universitas