UNIVERSITAS

Nanobiotecnoloxía ao servizo do control da salmonela

Dibujo
photo_camera Rubén Santos, director executivo de Nanoimmunotech.

Nanoimmunotech desenvolve un nanobiosensor que detecta a bacteria en poucas horas

A salmonelose é unha das enfermidades gastrointestinais máis comúns, que en ocasións chega a precisar de hospitalización e incluso pode ser mortal. O consumo de carne de polo contaminada é unha das causas máis habituais á hora de contraer esta enfermidade, razón pola que as empresas avícolas están obrigadas a realizar controis periódicos mediante o envío de mostras a laboratorios especializados onde se realizan análises, cuxos resultados poden demorarse ata sete días, un tempo que fai imposible remediar o problema, máis aló de retirar as partidas contaminadas coas conseguintes perdas económicas.


Co obxectivo de achegar unha solución a este problema reducindo de xeito significativo o tempo de resposta das análises Nanoimmunotech, empresa spin off xurdida nas universidades de Vigo e Zaragoza, desenvolveu Heatsens_S, un nanobiosensor que é quen de detectar de xeito máis sensible a salmonela en poucas horas.

“Heatsens é unha tecnoloxía nanobiosensora innovadora cun futuro prometedor para a detección de diferentes tipos de analitos”, explica Rubén Santos, director executivo de Nanoimmunotech. O traslado desta tecnoloxía a un dispositivo portátil de fácil manexo, permitirá realizar análises ao longo da cadea produtiva o que garantiría ás empresas un maior control da calidade dos seus produtos e evitaría perdas asociadas a contaminacións non detectadas a tempo, cun custo inferior ao dos ensaios actuais. n

Te puede interesar
Más en Universitas