UNIVERSITAS

Quen dixo que a ciencia non fai rir?

 “Co humor pódense facer cousas moi serias”, salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Oswaldo García

 “Co humor pódense facer cousas moi serias”, salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Oswaldo García, un dos impulsores xunto co docente de Ciencias da Educación e do Deporte Roberto Barcala e o pediatra e profesor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Rodríguez Nuñez, dun proxecto interdisciplinar que busca unir a ficción audiovisual e a divulgación científica. Así o veñen de demostrar con Amor anafiláctico, un vídeo protagonizado polo actor David Perdomo, que encarna nesta curta a súa personaxe do Koruño, para dar a coñecer, a través do humor, como actuar ante unha crise anafiláctica.


Unha cea entre o Koruño e unha moza alérxica aos cacahuetes serve neste vídeo para dar a coñecer “dunha forma divertida, os síntomas e consecuencias dunha reacción anafiláctica”, explica Barcala. Non en van, neste tipo de episodios, nos que as persoas afectadas sofren a obstrución das súas vías respiratorias, é vital unha actuación precoz, neste caso a aplicación dun inxector de adrenalina que as persoas alérxicas a determinados alimentos levan consigo.

Te puede interesar
Más en Universitas