A Universidade pon freo ao acoso sexual

co1_result
photo_camera Un momento do recente Consello de Goberno.

Aprobado por unanimidade na sesión de Consello de Goberno un protocolo marco de actuación

Como unha manifestación de discriminación intolerable considera a Universidade de Vigo o acoso sexual e por razón de sexo, motivo polo cal a institución académica aprobou no Consello de Goberno un protocolo marco para a prevención e sanción destas condutas. O protocolo, que forma parte das accións contempladas dentro do I Plan de igualdade entre mulleres e homes, recibiu o apoio unánime dos membros do Consello de Goberno, que na sesión ordinaria tamén aprobaron os criterios para a selección das áreas de coñecemento para a convocatoria de dúas prazas de PDI funcionario neste ano. Precisamente as limitacións introducidas neste ámbito pola taxa de reposición imposta polo Goberno central, centraron varias intervencións do reitor, Salustiano Mato, que manifestou o seu “optimismo” en poder acadar a autorización necesaria para poñer en marcha un novo plan de promoción, que definiu como “unha vía alternativa para reter e captar talento investigador”.

No seu informe ante o Consello, Mato deu conta dos últimos avances rexistrados nos campus da Auga e Crea, confirmando que no primeiro caso, en breve se asinará un convenio coa Xunta que permitirá achegar os fondos europeos destinados a desenvolver as infraestruturas previstas. Mentres, en relación con Campus Crea, o reitor deu conta da disolución da comisión institucional estratéxica e da constitución da comisión de dirección técnica que terá como misión fixar a folla do ruta desta iniciativa.

Te puede interesar
Más en Universitas