A Universidade de Vigo, terceira nos Xogos Galaico Durienses

_gal01_result
photo_camera Representantes da Universidade de Vigo no torneo disputado en Vila Real.

Participaron 26 atletas vigueses no torneo levado a cabo en Vila Real

A vila portuguesa de Vila Real acolleu a vixésimo oitava edición dos Xogos Galaico Duriense, unha competición deportiva na que se citaron en torno a 240 persoas, entre deportistas e técnicos de seis universidades públicas tanto de Galicia coma do Norte de Portugal. Deste xeito acudiron representantes das universidades de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Trás-os-Montes e Alto Douro, Minho e Porto.

Pola súa banda, a delegación da Universidade de Vigo presentouse con 26 atletas dos tres campus e acadou a terceira posición na clasificación xeral, despois da Universidade de Porto e da vencedora do torneo, a Universidade de Minho.

Por modalidades deportivas, os nadadores do equipo vigués conseguiron empatar a puntos na competición cos miñenses, pero ao ter unha victoria menos que os lusos tiveron que conformarse co segundo posto. No caso do balonmán, tamén quedaron segundos tras enfrontarse aos xogadores da Universidade de Minho e ir gañando case todo o partido. En voleibol, caeron ata a sexta posición.

A Universidade de Vigo será a próxima anfitrioa destes Xogos Galaico Durienses, que en 2015 chegan á súa vixésimo novena edición.

Te puede interesar
Más en Universitas