PREMIO

Vicenta Tasa: “As políticas lingüísticas nunca son neutrais”

A profesora recibiu o premio ao mellor traballo de fin de máster en Dirección Pública e Liderado Institucional.

A promoción ou persecución dun idioma sempre é unha decisión política”, sostén a profesora da Universidade de Valencia Vicenta Tasa, que vén de ser recoñecida co premio ao mellor traballo de fin de máster en Dirección Pública e Liderado Institucional pola súa análise dos cambios que supuxo na política educativa da Comunidade Valenciana a implantación do plurilingüismo.

Neste estudo, Tasa Fuster pon de relevo a “escasa atención” que as Ciencias Políticas prestaron ás políticas lingüísticas que, ao seu xuízo, “nunca son neutrais”. De feito, conclúe que a implantación do plurilingüísmo como único modelo supuxo un “cambio substancial” na política educativa nesta autonomía, que contribuíu a unha “menor presenza e promoción” do idioma valenciano.

“A política lingüística, a recadación de impostos e o mantemento do exército e da policía son as primeiras políticas públicas da humanidade”, sostén esta profesora de Dereito Constitucional, que en La sombra de Babel. Plurilingüismo y lenguas minorizadas. Continuidad y cambio en la política educativa valenciana 2007-2015 analiza as diferentes etapas da política lingüística da Generalitat Valenciana, co propósito de coñecer os cambios que supuxo a implantación, no ano 2012, dun modelo educativo trilingüe.

Deste xeito, o traballo que Tasa Fuster realizou co profesor Xosé Mahou como titor neste mestrado online que se imparte desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación busca “entender os motivos que levan a establecer” un modelo no que o castelán o valenciano e o inglés conviven como linguas vehiculares, comparándoo cos de outras autonomías, para concluír que a Comunidade Valenciana “atópase entre as comunidades con dúas linguas oficiais que tiveron unha política lingüística menos orientada á recuperación e á normalización da lingua minorizada”.

Te puede interesar
Más en Universitas